O Concello de Lugo oferta novas actividades de ocio para os máis cativos

Mércores, 11 de novembro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Carmen Basadre, organiza novas actividades de ocio para os nenos e nenas da cidade.

Estas actividades terán lugar todos os sábados pola mañá, no Centro de Convivencia Maruja Mallo co seguinte horario: ás 10.00 horas haberá unha sesión de karaoke, e ás 11.30 horas proxectarase unha película destinada ao público infantil.

As actividades comezarán o vindeiro sábado 14 de novembro, e nesta ocasión a película proxectada será El Príncipe de Egipto.

A entrada é libre, tanto para o karaoke como para a película, e non fai falla inscrición previa.

Con estas actividades o equipo de Goberno pretende dar os pais e nais unha ferramenta máis para conciliar a vida familiar e a laboral.

Centro de Convivencia Maruja Mallo

Noticias relacionadas