O Concello de Lugo non liquidará as taxas das terrazas e exonera aos emprendedores dos viveiros municipais da Tineria e do Cei Nodus

Tampouco os comerciantes da Praza de Abastos e do Mercado Municipal terán que pagar polo aluguer dos seus postos

A alcaldesa Lara Méndez avanzou que as medidas están destinadas a reducir o impacto do estado de alarma sobre os sectores económicos do municipio.

A rexedora mantivo hoxe unha reunión para avanzar nas medidas de apoio ás familias e á dinamización económica, ás que se destinarán 5 millóns de euros.

 
Luns, 23 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo non liquidará as taxas das terrazas e exonera aos emprendedores dos viveiros municipais da Tineria e do Cei Nodus do pago do aluguer

O Goberno de Lara Méndez non liquidará as taxas das terrazas dos locais de hostalaría do municipio durante o tempo que non se poidan instalar a causa do peche que foi decretado tras o estado de alarma co fin de frear o contaxio do coronavirus.

Ademais, na mesma liña de dar apoio aos sectores económicos, mentres dure esta situación o Concello tamén exonerará do pago do aluguer ás empresas e emprendedores dos viveiros municipais do CEI Nodus e do barrio da Tinería, este último a pé de rúa. En total, son 44 as empresas que están instaladas nestes viveiros. Tampouco os comerciantes da Praza de Abastos e do Mercado Municipal terán que pagar as taxas que viñan abonando pola utilización que fan destas instalacións cos seus postos.

“Estas decisións están destinadas a minimizar os danos que está a provocar a crise sanitaria no sector da hostalería e no pequeno comercio”, segundo avanzou a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.

Estas medidas se suman a outras xa avanzadas e ás axudas económicas que o Goberno local está desenvolvendo nun regulamento para apoiar ás familias, pemes, autónomos e traballadores por conta allea, ás que o Concello destinará unha partida de 5 millóns de euros. Esta mesma mañá a rexedora mantivo unha nova reunión cos concelleiros da área de Desenvolvemento Local Sostible, Álvaro Santos e Mauricio Repetto, e parte do seu equipo económico para concretar o seu regulamento, xa que se busca que estas sexan complementarias ás do Goberno do Estado.

Estas novas medidas pódense levar a cabo pola solidez das contas municipais, que permiten ao Concello de Lugo afrontar gastos extraordinarios.

Audio

  • A alcaldesa Lara Méndez, sobre a liquidación das taxas ós emprendedores | Descargar mp3

Noticias relacionadas