Lugo é a oitava capital de provincia de España co IBI máis barato e a décima co IAE máis baixo
- Tema
O Concello de Lugo seguirá sen subir o ano que vén os impostos, taxas e prezos públicos. Anunciouno esta mañá a Concelleira de Economía, Rosana Rielo, quen explicou que "dende o ano 2008 mantense a presión fiscal no Concello de Lugo, agás a suba do IBI que a Administración local se viu obrigada a aplicar por imposición do Goberno do Partido Popular".
“É unha noticia moi boa para a cidadanía”, destacou Rosana Rielo, xa que “un ano máis, este Goberno decidiu conxelar os impostos, taxas e prezos públicos” e salientou que "esta decisión débese ó compromiso asumido polo Goberno local de axudar ós veciños de Lugo nunha época de crise económica como a que estamos a atravesar e, por elo, non aumentamos a presión fiscal que sí sobe noutros concellos”.
“Estamos facendo un esforzo moi importante dende o Concello para non repercutir nos cidadáns os efectos da situación económica e que elo non lle afecte de ningún xeito ós servizos que ofrecemos ós cidadáns”, declarou a Concelleira de Economía.
- Imposto de Bens Inmobles: posto 45, é dicir que é o oitavo máis barato de España e o segundo de Galicia
- Imposto de Actividades Económicas: posto 43, o que significa o décimo imposto máis barato de España e o segundo de Galicia.
- Imposto de Vehículos: posto 37, polo tanto, o decimosexto máis baixo de España e o terceiro de Galicia.
- Imposto de Construccións, Instalacións e Obras, posto 46, o que representa o séptimo máis barato de España e o segundo de Galicia.