O Concello de Lugo mantén unha xuntanza de traballo coa Secretaria Xeral de Urbanismo sobre o PXOM

Luns, 30 de novembro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Delegada de Urbanismo, María Novo, e os técnicos municipais mantiveron esta mañá unha xuntanza coa Secretaria Xeral de Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas , Encarna Rivas e os técnicos da Xunta de Galicia.

O obxectivo desta xuntanza foi o de establecer a primeira toma de contacto entre administracións e seguir traballando para sacar a diante o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Lugo.

Nesta xuntanza ambas as dúas institucións comprometéronse a continuar a traballar e a manter unha nova xuntanza, así como a establecer un contacto directo e constante de colaboración.

A Delegada de Urbanismo e os técnicos municipais explicaron os criterios mantidos á hora de elaborar o plan e, pola súa banda a Consellería explicou os criterios de interpretación establecidos no seu informe.

Novo manifestou a predisposición do Concello de Lugo de colaborar en todo o que precise a Consellería para poder aprobar definitivamente o PXOM.

Noticias relacionadas