O Concello de Lugo mandará auga do río Miño para unha fonte de Andalucía

Mércores, 10 de xullo de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura e un soldado de Caetra Lucensium recolleron auga do Miño, ó pé da Ponte romana, para mandarlla ó Concello de Guadalcanal que a usará nunha fonte conmemorativa do seu irmandamento coas illas Salomón

O  Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, acompañada dun soldado romano pertencente a asociación Caetra Lucensium, recolleron esta mañá auga do río Miño para atender unha petición que lle fixo a cidade de Lugo o Concello de Guadalcanal (Sevilla).

O soldado romano encheu de auga unha ánfora de barro ó pé da Ponte romana de Lugo e entregoulla á Carmen Basadre para que o Concello poida atender a solicitude feita polo municipio de Guadalcanal.

O litro e medio de auga do río Miño será enviado mañá ó Concello de Guadalcanal que solicitou auga a distintas localidades españolas para empregala no primeiro enchido dunha fonte que vai inaugurar para conmemorar o seu irmandamento coas illas Salomón

Multimedia

Noticias relacionadas