O Concello de Lugo lanza unha campaña co Breogán para potenciar o baloncesto na rúa entre os nenos de 10 a 18 anos

O Goberno de Lara Méndez, a través de Xuventude, anima á mocidade a participar nas accións que se desenvolverá na Milagrosa, Fingoi e Sagrado Corazón.

O edil Mauricio Repetto incidiu na necesidade de potenciar o deporte e os estilos de vida saudable como accións preventivas contra a drogodependencia.

A Fundación Breogán porá os monitores e nas actividades participará o director xeral, Salva Arco, así como distintos xogadores do equipo de baloncesto.

Sábado, 02 de abril de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo lanza unha campaña co Breogán para potenciar o baloncesto na rúa entre os nenos de 10 a 18 anos

Co obxectivo de potenciar un ocio e un estilo de vida máis saudable, clave na prevención contra o consumo de drogas, o Executivo de Lara Méndez lanza a campaña ‘Basket na Rúa’ coa que, en colaboración coa Fundación do Breogán, quere animar a participar á mocidade lucense, especialmente aos nenos e nenas de entre 10 e 18 anos de idade.

A concellaría de Xuventude, con Mauricio Repetto ao fronte, quere potenciar mediante o deporte ao aire libre e dinámicas de xogos, accións “que permitan a xente máis nova, e incluso as súas familias, divertirse promovendo afeccións e motivándoas para que vaian adoptando hábitos sans que mellorarán a súa calidade de vida”.

Incidiu en que “queremos evitar que a mocidade se inicie no consumo de alcol, tabaco e outras drogas que poden asociar con diversión, promovendo actividades lúdicas que lles resulten atractivas nun espazo no que socializar”.

Nesta campaña, o Concello irá da man da Fundación do Club Baloncesto Breogán e do seu director xeral, Salva Arcos. Serán os monitores da Fundación os que traballen coa mocidade, e nas accións programadas, de carácter gratuíto, participará tamén o propio Salva Arcos e distintos xogadores do equipo lucense.

As actividades desenvolverase todos os sábados durante os meses de abril, maio e xuño na Praza da Milagrosa, na pista deportiva fronte ao CEIP Illa Verde no barrio de Fingoi e na pista do  Sagrado Corazón.

Repetto destacou que a iniciativa se enmarca no programa +Xti, “que desenvolvemos desde o Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias e que subvenciona o Ministerio de Sanidade a través do Plan Nacional de Drogas.

A concellería difundirá esta actividade nos centros educativos de cada barrio. Para participar, aínda que haberá limitación de prazas, que se irán cubrindo por orde de chegada, non é necesario a inscrición previa

Calendario na Milagrosa:

  • Sábado, 9 de abril, de 10.30h a 13.30h
  • Sábado, 16 de abril, de 10.30h a 13.30h
  • Sábado, 23 de abril, de 10.30h a 13.30h
  • Sábado, 30 de abril, de 10.30h a 13.30h

Calendario en Fingoi:

  • Sábado, 7 de maio, de 10.30h a 13.30h
  • Sábado, 14 de maio, de 10.30h a 13.30h
  • Sábado, 21 de maio, de 10.30h a 13.30h
  •  Sábado, 28 de maio, de 10.30h a 13.30h

Calendario no Sagrado Corazón:

  • Sábado, 4 de xuño, de 10.30h a 13.30h
  • Sábado, 11 de xuño, de 10.30h a 13.30h
  • Sábado, 18 de xuño, de 10.30h a 13.30h
  • Venres, 24 de xuño, de 17.00h a 20.00h

Noticias relacionadas