O Concello de Lugo impulsa obras de abastecemento e mellora da rede viaria no medio rural por valor de más de medio millón de euros

O Concello de Lugo impulsa obras de abastecemento e mellora da rede viaria no medio rural por valor de más de medio millón de euros

Martes, 13 de agosto de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo impulsa obras de abastecemento e mellora da rede viaria no medio rural por valor de más de medio millón de euros

O Concello de Lugo tramitou o expediente administrativo de modificación orzamentaria para implementar a súa apartación no Plan Único da Deputación onde o goberno de Lara Méndez, aposta claramente por destinar a maior porcentaxe na mellora do rural.

Así lembrou hoxe o concelleiro de Medio Rural Miguel Fernández que “o importe total do gasto subvencionable é de 585.357, aportando a Deputación Provincial 500.000€ e o Concello de Lugo 85.357 € “.

As obras de mellora no rural de rexeneración de firme son na Estradas de LU-612 ao Campo da Festa (Piugos) de importe 20.049, de Mazoi a Cacabelos (Mazoi) de importe 36.466 €, na Estrada da Rúa da Industria a Bagueixos (Tirimol) de importe 26.416 €, na Estrada da LU-546 ao límite co Concello de O Corgo (Santa Comba) de importe 63.675 €, na Estrada da Lu 234 ao límite co Concello de Outeiro de Rei (Bocamaos) de importe 22.657 €, pavimentación en vías públicas de Pena da Mula e Pontegaos de importe 34.677 € e a cuberta na Escola de Coeu de importe 42.184 €.

Destacar tamén os fondos destinados a dous abastecementos de auga, un na parroquia de Bocamaos por un valor total de 161.901 e outro abastecemento no núcleo de Penarrubia (Orbazai) de importe 109.691 €, o Concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernandez reclama á Xunta de Galicia a “obriga que teñen en destinar unha parte do recadado no canon da auga”, nos últimos 4 anos o total recadado para a mellora do abastecemento e saneamento de Lugo ascendeu a 4 millóns de euros, o concelleiro insiste que “a Xunta de Galicia nestes 4 anos non revertiu en Lugo nin un so euro, vai sendo hora de que a Xunta de Galicia cumpla coa súa obriga e que deixe dunha vez por todas de discriminar os veciños e veciñas do noso municipio” .

Noticias relacionadas