O Concello de Lugo homenaxea no cemiterio ás persoas que perderon a vida durante a emerxencia sanitaria

Cristina López: “honramos con esta acción simbólica a todas as persoas que faleceron durante a emerxencia sanitaria e non puideron estar acompañadas”

A edil de Participación lembrou que “a despedida é un eixo fundamental na superación dunha perda”

Martes, 30 de xuño de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo homenaxea no cemiterio ás persoas que perderon a vida durante a emerxencia sanitaria

A área de Participación e servizos para a Veciñanza realizou na tarde de hoxe unha homenaxe ás persoas falecidas durante a emerxencia sanitaria que consistiu nunha ofrenda floral con acompañamento musical. Segundo declarou a concelleira responsábel, Cristina López: “quixemos honrar así a todas aquelas persoas que, pola situación de excepcionalidade que se estaba a vivir, non puideron estar acompañadas polos seus familiares”.

“Trátase dunha homenaxe a todas as persoas que faleceron no transcurso da crise sanitaria, mais é tamén un xeito de acompañar a quen tivo que afrontar a perda dun ser querido sen poder despedirse”, afirmou Cristina López, que sinalou que “a despedida é un eixo fundamental no proceso de superación dunha perda pero, por causa da situación excepcional, isto non foi posible”.

O acto levouse a cabo respectando todas as medidas dictadas polas autoridades sanitarias.

Multimedia

  • O Concello de Lugo homenaxea no cemiterio ás persoas que perderon a vida durante a emerxencia sanitaria

Noticias relacionadas