López Orozco enviou o pésame ás familias en nome da cidade de Lugo e da Corporación municipal
- Tema
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, encabezou o acto no que se gardou un minuto de silencio en recordo ás vitimas do accidente aéreo ocurrido en Francia e que cubria a linea Barcelona-Düsseldorf.
López Orozco enviou o seu pésame aos afectados sinalando que con este acto “queremos expresar a condolencia do Goberno Municipal e do conxunto da Corporación polo triste accidente de onte e expresar a nosa condolencia as familias”.
Ademais tamén solicitou “sempre que sexa posible” o rápido esclarecemento das causas para saber cales foron os motivos do accidente. No acto tamén estiveron membros do tres grupos políticos, membros dos sindicatos municipais e traballadores. O Concello terá as bandeiras a media asta durante os tres de loito oficial.