O Concello de Lugo formará as persoas da terceira idade en materia de seguridade vial

Martes, 18 de novembro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Baixo o lema Peón non te arrisques a precaución é vital o Concello de Lugo levará a cabo unha serie de xornadas informativas sobre seguridade vial para persoas da terceira idade nos Centros Sociais Municipais.  Estas accións preventivas do Goberno Local foron presentadas hoxe polo Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e o encargado de impartir as charlas informativas, Jorge Sanmiguel.

Estas xornadas informativas terán lugar a partir das 17:30 horas nos diferentes centros sociais municipais nas seguintes datas:

- 21 de novembro: Centro Social de A Milagrosa
- 24 de novembro: Centro Social Sagrado Corazón
- 25 de novembro: Centro Social Trapero Pardo
- 26 de novembro: Centro Social Uxío Novoneyra
- 27 de novembro: Centro Social Díaz de Castro
- 28 de novembro: Centro Social de Fingoi

O obxectivo destes cursos será formar, a través dunha serie de consellos para os maiores, na prevención de atropelos na cidade. Trátase de fomentar na terceira idade as actitudes básicas que lles eviten ser vítimas dos accidentes a través dos consellos prácticos de autoseguridade elaborados polo persoal técnico cualificado e coñocedores dos hábitos e costumes das persoas maiores, adaptándolo para unha fácil comprensión nas charlas divulgativas.

As xornadas forman parte do programa de prevención deste tipo de accidentes realizado a través do Gabinete de Tráfico dependente da Concellería de Protección da Comunidade e que consiste no reforzo da información e formación nos colectivos de maior risco, como os nenos e a terceira idade.   

O Concello de Lugo, comprometido coa seguridade de todos os lucenses, ampliará  esta campaña de prevención a partir de xaneiro, formando no campo da seguridade vial á mocidade lucense. Ademais de facilitarlle a información aos rapaces e rapazas,  preténdese que o neno sexa o fío conductor para chegar aos pais.

Estas xornadas, unidas a outras accións levadas a cabo en materia de seguridade vial ao longo dos últimos anos, como a instalciaón de bandas rugosas, sinalización horizontal e vertical, zonas 30, novos semáforos, coxins europeos  tratan de favorecer a adopción de hábitos que permitan acabar coa sinestrialidade nas rúas da cidade.

O obxectivo final que busca o Concello de Lugo, é o de conseguir reducir de maneira considerable os problemas e as mortes que provocan os atropelos.

Noticias relacionadas