O Concello de Lugo firma coa USC un convenio para desenvolver o Plan de Emerxencia Municipal

Luns, 05 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo e a Universidade de Santiago de Compostela firmaron un
convenio de colaboración entre as dúas entidades para a implantación do Plan de
Emergencia Municipal e o seu desenvolvemento no próximo ano. O Concelleiro de
Urbanismo, Francisco Fernández Liñares, e o Vicerrector de Coordinación do
Campus da USC en Lugo, Carlos Herrera asinaron este convenio polo que a
universidade prestará un servizo de asesoramento e asistencia técnica na área de
sistemas de información xeográfica para o Concello. Da parte técnica ocuparase o
equipo de investigación do Laboratorio do Territorio (LaboraTe), pertencente ó
Departamento de Energía Agroforestal da Escola Politécnica do Campus de Lugo. A
información á población e a difusión da autoprotección sobre o Plan de
Emergencia Municipal será unha das liñas principais de actuación, xa que no caso
dunha urxencia de calquera tipo, a participación da población é un dos elementos
fundamentais para a súa xestión. Por elo, é fundamental que os contidos do PEMU
sexan complementados cun programa de medidas destinadas a informar á población
sobre os riscos existentes no municipio e as formas máis adecuadas para
facerlles fronte, así como difundir as medidas máis adecuadas de autoprotección.
Grazas a firma deste convenio elaboraranse as medidas necesaias para difundir o
Plan a través de cursos, seminarios e ejercicios prácticos de evacuación. Nunha
primeira fase, a formación estará destinada os colectivos de Centros de Ensino,
Asociacións veciñais, sectoriais, empresariais, de comerciantes, profesionais-
Centros de Terceira Idade, e nas parroquias, incidindo na autoprotección e
informándolles dos riscos existentes. Tamén se realizara unha difusión
específica a colectivos relacionados coa prevención (Mutuas do Traballo,
servizos de prevención, organizacións sindicais, etc.). O Plan será presentado
en reunións con todos os grupos operativos contemplados no mesmo: Xunta Local de
Seguridade, FOP, Bombeiros, servizos sanitarios de urxencia, sicólogos,
asistentes sociais, con persoal municipal e doutras Administracións Públicas e
empresas de servizos relacionadas (estradas e infraestruturas, maquinaria,
limpeza, transporte...) cos obxectivos seguintes: implementación, adecuación,
formación teórica e práctica (simulacros, etc.). Ademais, pola firma deste
convenio, LaboraTe e Protección Civil serán os encargado da revisión e
actualización do Plan de Emergencia Municipal, cada seis meses ou cando se
produza algunha outra novidade que sexa necesaria sinalar. Francisco Fernández
Liñares, indicou “a importancia deste convenio para ter actualizado de forma
permanente un sistema operativo para, en caso de urxencia, poder atender á
poboación eficazmente”.

Noticias relacionadas