O Concello de Lugo fai públicos as análises da auga da fonte Agro do Castiñeiro

Venres, 27 de xuño de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo recibiu hoxe os resultados da análise da auga da fonte Agro do Castiñeiro. A toma da mostra realizouse ás 17:00 horas do día 20 de xuño, data na que se detectou o brote de sigelosis e na que dende o Concello se deu aviso do mesmo a través do portal web municipal e da prensa.

Os catro litros de auga que foron analizados deron como resultado ausencia tanto en Shigella como en Salmonella.

Por outra banda, o Concello tomou, o pasado martes 24 de xuño, dúas mostras máis dos pozos inferior e superior dos que provén a auga da fonte para realizar novas análises das que aínda non chegaron os resultados.

O Concello reitera a súa mensaxe de que non se debe beber auga das fontes públicas xa que non hai nada que garantice que sexa apta para o consumo.

Noticias relacionadas