O Concello de Lugo envía o documento do PXOM á Consellería de Medio Ambiente

Venres, 06 de febreiro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo enviou xa o documento do Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado provisionalmente polo Pleno á Consellería de Medio Ambiente. Este é un paso máis para a súa aprobación definitiva da que se encargará a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Tranportes.

Dende o pasado luns, 2 de febreiro, pódese solicitar cita previa para ser atendido na Oficina de Información do Plan Xeral a través do teléfono de atención cidadá do Concello 010 ou do 982 297 350 se chaman fóra de Lugo. Un total de 280 persoas solicitaron xa a súa cita, co que o mes de marzo está totalmente completo, polo que haberá que aumentar o prazo de apertura da oficina para atender todas as dúbidas que a cidadanía teña en relación co plan.  Como xa anunciou a Delegada o prazo de apertura derpenderá da demananda da cidadanía, que nestes momentos está a ser moi elevada.

A Oficina de atención do Plan estará aberta a partir do día 25 de febreiro de luns a venres en horario de 9:00 ás 13:30 horas, e ofrecerase unha atención persoalizada a cada cidadán. A Oficina Municipal de Información do PXOM é a única oficial, na que participan os técnicos municipais coñecedores do documento urbanístico e da súa tramitación.

Todas as persoas que se acheguen ata a oficina porderán consultar o documento provisional do Plan dilixenciado polo secretario. O obxectivo do Goberno Local é dar unha información correcta, completa e persoalizada á cidadanía, garantindo a veracidade de todo o que se explica.

Lémbrase tamén que todas as alegacións serán comunicadas por carta persoalmente a cada alegante; o departamento de Urbanismo do Concello está xa a traballar para que así sexa.

Oficina de Información do PXOM:

- Abrirá o 25 de febreiro no Uxío Novoneira
- De luns a venres en horario de mañá: 9:00 a 13:30 horas
- Imprescindible solicitar cita previa a través do 010 (se chama dende fóra de Lugo no 982 297 350)
- O servizo de atención facilitará un día e hora para cada persoa.

Noticias relacionadas