O Concello de Lugo e UXT asinan un acordo para mellorar as relacións laborais na administración local

Mércores, 26 de novembro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Protección da Comunidade e Réxime Interior, José Rábade, e o
Secretario Xeral da Federación de Servizos Públicos da UXT de Lugo, Eliseo Rivas Pernas, asinaron hoxe un acordo co obxectivo de mellorar o marco de relacións laborais no Concello de Lugo.

O motivo deste acordo é restablecer un clima de diálogo permanente e constructivo entre o Goberno Local e o sindicato que permita mellorar as condicións de traballo de todos os empregados públicos, da productividade, da mellora de servizos, da oferta de emprego público, carreira profesional, promoción, conciliación da vida familiar e laboral, e, en xeral de todos aqueles aspectos que inciden directamente  no marco de relacións laborais. Para levar a cabo estas melloras os dos axentes implicados neste acordo comprométense á consulta mutua e previa sobre os asuntos de carácter xeral que afecten aos traballadores do Concello de Lugo, sempre dentro do ámbito das súas atribucións.

O Concelleiro explicou que este acordo marca un punto e aparte nas relacións laborais entre o Concello e a UXT. Este é un acordo que desexamos que se faga extensivo ao resto de organizacións sindicais con representación deste Concello para ter un marco fluído de relacións polo que o Goberno Local leva tempo a traballar.

O Concello de Lugo comprometese a constituir, de xeito coincidente co inicio dos traballos de elaboración do catálogo de postos de traballo do Concello de Lugo, unha comisión de seguemento da valoración dos postos de traballo, que terá en conta o concepto de carreira profesional, contribuíndo á normalización da plantilla. Esta comisión velará asemade pola aplicación do catálogo. Ademais, a aplicación deste catálogo de postos, non suporá merma retributiva alguna para ningún traballador do Concello, salvo que cambien as circunstancias do seu posto. Procurando a sintonía das mesmas coas das administración pública de referencia para o Concello de Lugo (grandes ciudades galegas e diputacións provinciais) para todolos grupos profesionais.

Antes do 15 de decembro do 2008 constituirase unha comisión de Funcionarización do persoal laboral acorde co estatuto, e ao inicio deste proceso de funcionarización unha vez rematada a elaboración do catalogo de postos.

Procederase ademais á creación dunha comisión específica de seguimento do proceso de reestructuración da policía local, mellorarase o control sobre ás asistencias técnicas e concesións municipais reforzando para isto os mecanismos de supervisión necesarios.

O Concelleiro manifestou o desexo do Equipo de Goberno de que as demáis forzas sindicais con representación municipal se sumen a este acordo.

Noticias relacionadas