O Concello de Lugo e a Tanxurela tínguese de amarelo con motivo do Día Internacional da Osteoxénese Imperfecta

Xoves, 05 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo e a Tanxurela tínguese de amarelo con motivo do Día Internacional da Osteoxénese Imperfecta

O Concello de Lugo iluminará na noite deste venres a fachada da Casa Consistorial e a pasarela Tanxurela de cor amarelo con motivo da celebración, o 6 de maio, do Día Internacional da Osteoxénese Imperfecta, a petición da Asociación Madrileña desta enfermidade, AMOI e en nome de AHUCE e a Fundación AHUCE.

Baixo o lema #LosAbrazosNoFracturan, a iniciativa ten por obxectivo dar visibilidade a esta patoloxía para concienciar á cidadanía da existencia do colectivo, non tan minoritario, de afectados, pular para que se recoñeza que as persoas que a padecen teñen o mesmo dereito que o resto da sociedade a acceder á educación e a unha vida social activa, desterrar os medos sobre a extrema fraxilidade dos e das pacientes e reivindicar que o sistema sanitario e os organismos públicos fagan maiores esforzos na investigación xa que esta é a única vía cara mellores tratamentos.

A osteoxénese imperfecta é un trastorno xenético no cal os ósos se fracturan con facilidade, mesmo algunhas veces sen un motivo aparente. Tamén pode causar músculos débiles, unha columna desviada e perda do sentido do oído.

Esta doenza é causada por un ou varios xenes que non funcionan ben e que afecta á maneira en que o corpo produce coláxeno, unha proteína que axuda a fortalecer os ósos. A patoloxía pode derivar dende leve ata severa e os síntomas ser diferentes segundo a persoa. Un individuo pode ter apenas algunhas fracturas ou alcanzar varios centos delas en toda a vida.

Noticias relacionadas