O Concello de Lugo e a Fundación ONCE editan un ano máis o programa das festas de San Froilán en braille

Xoves, 09 de outubro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Como ven sendo habitual o Concello de Lugo grazas á colaboración da Fundación ONCE edita un ano máis o programa de festas do San Froilán en braille. É a única cidade de Galicia que leva a cabo este traballo na programación das súas festas patronais. Lugo destaca por ser unha cidade accesible que traballa para lograr facer unha cidade de todos e para todos.  Obtivo o Premio Reina Sofía de Accesibilidade e dende hai varios anos pide axuda á ONCE para facer chegar todas as súas actividades á cidadanía en xeral.

O programa oficial do San Froilán 2008 contará con 25 exemplares en braille -o medio de lectura táctil que empregan as persoas cegas- e que poderán ser consultados polos afiliados á ONCE na sede da fundación na rúa San Roque e no Centro de Interpretación da Muralla.

Lugo continúa así co seu plan de accesibilidade, facilitando non só a accesibilidade física senón o acceso á información de todos e todas.

Noticias relacionadas