O Concello de Lugo deixou reparada durante a mañá a fuga de augas de San Lázaro

Mércores, 18 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Medio Ambiente deixou arranxada esta mañá a fuga de augas detectada en San Lázaro.

O concelleiro de área, Álvaro Santos, informaba de que ás 11:30 horas a subministración foi tamén restablecida dotando de servizo ás vivendas afectadas.

Santos Ramos indicou que os operarios da brigada municipal continúan traballando na zona para reparar o firme. Aínda que xa é posible circular por esta vía pode que se produzan novos cortes de tráfico puntuais durante a xornada mentres finalizan as obras.

Audio

  • O concelleiro de área, Álvaro Santos, sobre a fuga de augas de San Lázaro | Descargar mp3

Noticias relacionadas