O Concello de Lugo continúa coas súas actividades de fomento do emprendemento

Mércores, 18 de novembro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Economía e Emprego, que dirixe Sonia Méndez, organiza unha nova actividade de fomento do emprendemento que se desenvolveu hoxe mércores 18 de novembro no Centro de Empresas e Innovación. Nesta ocasión foron un grupo de 35 desempregados os que participaron nesta charla informativa entre as 10.30 e as 13.30 horas.
 
Os asistentes á charla, impartida por BIC-Galicia, foron os participantes nos cursos de Empregado de oficina, Escaparatista, Empregado de xestión financeira en empresas e Xestor de solvencia e financiamento empresarial, estes dous últimos desenvolvéronse no CEI- Nodus.

Os participantes percorreron ademais o Centro de Empresas e Innovación e o Espazo >Lab do Concello para que coñezan as posibilidades que lles ofrecen.

Multimedia

Noticias relacionadas