O Concello de Lugo conmemora o Día das Nacións Unidas para celebrar o seu 76 aniversario

A bandeira do organismo internacional ondeará na Casa Consistorial dende hoxe e até o 24 de outubro.

Luns, 18 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo conmemora o Día das Nacións Unidas para celebrar o seu 76 aniversario

O Concello de Lugo participa toda esta semana na campaña de concienciación cidadá coa que as Nacións Unidas celebran o seu 76 aniversario.

Unha efeméride que terá lugar o próximo domingo, día 24 de outubro, e á que a Institución local se suma facendo ondear na Casa Consistorial, dende hoxe, a bandeira do organismo internacional, a petición da súa sede española.

En 1947 unha Asamblea levada a cabo polo Consello de Seguridade da ONU proclamou esa data como Día das Nacións Unidades como unha forma de conmemorar o aniversario da súa Carta e co obxectivo de dar a coñecer as súas actividades.

Co izado da bandeira, o Concello de Lugo quere contribuír, así, a lembrar a importancia desta organización, que naceu coa vontade de fomentar a paz e a seguridade internacional, construír relacións de amizade entre os distintos países e lograr a súa cooperación para solucionar problemas globais e servir de centro que harmonice as accións estratéxicas das nacións.

 

 

A bandeira do organismo internacional ondeará na Casa Consistorial dende hoxe e até o 24 de outubro.

Multimedia

  • O Concello de Lugo conmemora o Día das Nacións Unidas para celebrar o seu 76 aniversario
  • O Concello de Lugo conmemora o Día das Nacións Unidas para celebrar o seu 76 aniversario

Noticias relacionadas