O Concello de Lugo conmemora o 85 aniversario da II República Española

A Alcaldesa, quen leu o manifesto, indicou que “o que conmemoramos é a implantación do Estado Democrático” e subliñou que o Concello celebra este día, “pois é unha administración que cre plenamente na democracia”

Xoves, 14 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo conmemora o 85 aniversario da  II República Española

O Concello de Lugo celebrou este mércores, 14 de abril, o 85 aniversario da II República Española. Fíxoo cunha ofrenda floral e a lectura dun manifesto na Praza da Soidade, en fronte do monolito que rende homenaxe á República, actos aos que asistiron diversos membros da Corporación Municipal, presidida pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, quen foi a encargada de dar voz ao manifesto conmemorativo.

Ao comezar o acto, a rexedora indicou que “o que conmemoramos é a implantación da democracia, porque o Estado Democrático se instalou coa República”, ao tempo que subliñou que o Concello celebra este día, “pois é unha administración que cre plenamente na democracia”.

O manifesto denunciou os recortes nos dereitos sociais e de limitación de liberdades colectivas e individuais sufridas nos últimos tempos, o que provocou unha regresión nos dereitos laborais, a privatización de servizos públicos esenciais ou a merma dos sistemas de sanidade e de educación; ao tempo que chamou a construír un novo modelo de Estado de sociedade máis xusto, igualitario, democrático e social.

Ademais, o documento puxo en valor a democracia republicana, “a única que pode traer solución ao desemprego e aos desafiuzamentos, entre outras lacras que hoxe afogan a millóns de persoas no Estado”. Para rematar, o manifesto lembrou aos “héroes que defenderon coa súa vida a democracia”.

Audio

Máis info

Multimedia

  • O Concello de Lugo conmemora o 85 aniversario da  II República Española

Noticias relacionadas