O Concello de Lugo condena os violentos crimes acontecidos en París, que lle custaron a vida a máis de 120 persoas

Membros da Corporación Municipal, presidida pola Alcaldesa, Lara Méndez, concentráronse este domingo para gardar un minuto de silencio como mostra da súa repulsa aos sete atentados de París

Domingo, 15 de novembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Concentración de repulsa e condena polos 7 atentados simultáneos acontecidos en París

Membros da Corporación Municipal, presidida pola Alcaldesa, Lara Méndez, concentráronse este domingo ás 12:00 horas na Praza Maior, diante da Casa Consistorial, para gardar un minuto de silencio como mostra da súa repulsa aos sete atentados acontecidos en París, que lle custaron a vida a máis de 120 persoas. Este acto de concentración, ao que tamén asistiu o Presidente da Deputación, Darío Campos, e outros deputados provinciais, foi convocado pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) en todos os Concellos. 

Noticias relacionadas