O Concello de Lugo conciencia á cidadanía sobre a necesidade de respectar as normas de seguridade vial cunha impactante campaña

Luns, 13 de outubro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Hoxe, día 13 de outubro, con motivo da celebración do Día Europeo da Seguridade Viaria, o Concello de Lugo, esta a levar a cabo unha impresionante campaña de impacto visual para que todos, tanto peóns como condutores sexan conscientes da importancia que ten respectar as normas de seguridade, non só en vías interurbanas senón tamén nas urbanas para seguir coa liña descendente nos datos de accidentes e mortes nas nosas estradas.

Para levar a cabo esta campaña o Concello colocou no tramo peonil da Ronda da Muralla un vehículo siniestrado xunto un cartel co lema: “Conductor non te arrisques, coñecer as normas é vital” que estará ao longo de todo o día. Durante as primeiras horas a campaña xa levantou o interese de moitos dos lucenses.

Segundo os datos da DXT, dende o ano 2004, os trazos dos gráficos que contan as vidas perdidas en accidente de tráfico tenden a caer, pero ainda así dende o Concello opínase hai que facer todo o posible para que as cifras sexan cada vez menores.

Estímase que 2008 pecharase cunhas 2.200 vítimas mortais. Sería o mellor dato desde 1964, ano no que o parque de vehículos non chegaba ao millón (agora hai 30 veces máis) e suporía unha redución de en torno ao 40% en cinco anos. E iso sen contar os datos dos falecidos que se producen en zona urbana, que descenderon un 19%, segundo un estudo feito público pola DXT con motivo do día europeo da seguridade viaria.

Noticias relacionadas