O Concello de Lugo comenza o novo curso estrenando unha plataforma educativa a domicilio para nenos enfermos

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, o Delegado Provincial de Educación, Luis Manuel Álvarez e o Xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde, Miguel Ángel Fernández, presentaron no Concello a posta en marcha do Proxecto Abred.

A Concelleira presentouno como “un proxecto pioneiro en España, dirixido a nenos de entre 6 e 12 anos que están hospitalizados ou en fase de recuperación nos seus domicilios e que, pola súa situación de enfermidade non poden asistir durante un largo periodo de tempo (un mínimo de catro semanas) ós centros escolares nos que están matriculados”.

Abred é una novidosa proposta educativa creada polo Concello de Lugo, a través do Área de Servizos Xerais, en colaboración coa Xunta de Galicia, o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e a Unión Europea a través dos fondos FEDER.

O programa Abred conta cunha inversión total de 325.000 euros dos que o Concello aporta 100.000 e o resto o Ministerio de Industria e a Xunta de Galicia para por todo os medios á disposición da familia, non só para sanar ós nenos enfermos, senón para superar tamén os efectos psicolóxicos negativos que lles poden afectar. A proposta, permite que estos rapaces poidan recibir clases coordenadas polos mestres dos centros onde se atopan matriculados, utilizando as novas tecnoloxías: ordenadores con conexión de banda ancha, Tablet PC, pizarras virtuais (que permitirán a asistencia a clase en tempo real) e unha plataforma software educativa de carácter intuitivo e de fácil uso. Ademais dos nenos e dos seus pais, os mestres que se sumen á iniciativa, recibirán un curso formativo para aprender a manexar estas ferramentas

A empresa adxudicataria deste proxecto foi Fujitsu España Services, S.A, cunha oferta económica de 249.500 euros e que contou, para a elaboración dos contidos educativos, coa colaboración de Pexego, empresa lucense experta en teleformación, ubicada no Centro Municipal de Empresas e Innovación do Concello de Lugo (CEI).

Coordenador do Concello

Por outra banda será un docente TIC do Concello o que actúe como coordinador e dinamizador cos alumnos, as súas familias, tutores ou outros mestres dos centros educativos e axentes impricados no proxecto. Será o encargado de formar ós usuarios da plataforma, así como de analizar, evaluar e catalogar os recursos educativos libres na Red.

Deseñar o material multimedia axeitado ós coñecementos dos rapaces nas materias de matemáticas, lingua castelá, lingua galega e coñecemento do medio, será o que complete as súas funcións

Proxecto Lucense

Pola súa banda o Delegado de Educación afirmou que “a posta en marcha deste proxecto nado en Lugo pola aposta do Concello nas necesidades de apoio educativo específico énchenos de honra”.

O Xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde afirmou que “a presentación do proxecto é algo moi importante xa que supón que o neno desconecte o mínimo posible do seu contorno e sufra o mínimo”.

Noticias relacionadas