O Concello de Lugo colabora con Bico de Leite campaña informativa sobre a lactación materna fronte á gripe A

Venres, 02 de outubro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e a Vicepresidenta da Asociación Bico de Leite, Patricia López Izquierdo, e a Secretaria da Asociación, Rosana López presentaron hoxe na Casa do Concello a campaña informativa Fronte á Gripe A: Lactación Materna.

Con esta campaña preténdese promover a lactación materna como un método de protección dos fillos fronte á gripe.

Desde a Asociación recoméndase:
- Darlle o peito aos cativos polo menos ata os 24 meses.
- Se o bebé enferma aínda necesitará máis o leite.
- Non deixar de aleitar por enfermar da gripe xa que axuda a protexelo.
- Todos os tratamentos contra a gripe A e a súa vacina son compatibles coa lactación materna.

A Concelleira resaltou o importante que é o apoio de toda a sociedade a esta asociación para acadar unha lactancia satisfactoria. Basadre indicou que “é moi importante fomentar a lactancia materna xa que o leite das nais protexe aos nenos e nenas de moitas infeccións, e neste caso da Gripe A”. Por iso durante as festas de San Froilán grazas a colaboración do Concello de Lugo, instalarase a zona de lactancia na entrada do parque de Rosalía ao carón de Protección Civil.

Ademais, as representantes de Bico de Leite indicaron que mañá sábado 3 de outubro celebrarán ao fondo da praza Maior a festa do aleitamento. A Vicepresidenta e a Secretaria da asociación convidaron a todos a gozar desta festa para toda a familia na que as nais aproveitarán para dar o peito ao aire libre e lerán un manifesto coas súas reivindicacións.

Multimedia

Noticias relacionadas