O Concello de Lugo colabora coa Xunta para que as persoas sen teito reciban mañá a vacina fronte a Covid-19

Xoves, 02 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo colabora coa Xunta para que as persoas sen teito reciban mañá a vacina fronte a Covid-19

O Concello de Lugo, desde a Concellería de Benestar, colabora ca Consellería de Sanidade na vacinación contra a Covid-19 das persoas sen fogar da cidade, un colectivo que ten moitas dificultades para ser identificado e invitado ao proceso de vacinación que hai en marcha para frear a pandemia.

Nesta colaboración, mañá persoal de Sanidade vacinará no Fogar do Transeúnte municipal ás primeiras persoas sen teito.

Lara Méndez destacou que “dende o inicio da pandemia unificamos esforzos e coordinamos recursos para que, entre tódalas administracións, puideramos dar cobertura ás principais prestacións sociosanitarias así como á seguridade e protección da poboación colaborando en todo momento coa Consellería de Sanidade na abordaxe das necesidades xurdidas pola crise da Covil-19, e nesta ocasión traballamos para dar cobertura a todo o colectivo de persoas sen teito en canto á vacina e a súa inmunización contra o virus”.

A concelleira de Benestar, Olga López, explicou que “os esforzos e as políticas para frear esta pandemia serán exitosos unicamente se son inclusivos daquelas persoas que a miúdo son esquecidas pola sociedade, e para o noso goberno era moi importante chegar a este colectivo”. 

Audio

  • A concelleira de Benestar, Olga López, sobre a vacina fronte a Covid-19 | Descargar mp3

Multimedia

  • O Concello de Lugo colabora coa Xunta para que as persoas sen teito reciban mañá a vacina fronte a Covid-19
  • O Concello de Lugo colabora coa Xunta para que as persoas sen teito reciban mañá a vacina fronte a Covid-19

Noticias relacionadas