O Concello de Lugo colabora co Día Europeo de Prevención do Risco Cardiovascular

Luns, 14 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo colabora co Día Europeo de Prevención do Risco Cardiovascular

O Concello de Lugo colaborou coa Xerencia de Hospital Universitario Lucus Augusti, posibilitando o desenvolvementodunha actividade comunitaria polo Día Europeo de Prevención do Risco Cardiovascular que se celebra hoxe, 14 de marzo, facilitando a colocación de dúas mesas informativas nas inmediacións de Quiroga Ballesteros e na Praza Maior.

A concelleira de Benestar Social, Olga López Racamonde, achegouse a un destes puntos para saudar ás 14 enfermeiras que participan na xornada na que a cidadanía puido coñecer o seu risco cardiovascular. Ademais, os veciños e veciñas que se aproximaron a estas mesas recibrion un decálogo de vida saudable e información sobre as enfermidades cardiovasculares.

O municipio lucense é xa a cidade máis cardioprotexida do noroeste do país ao triplicar, grazas á iniciativa Lugo con Corazón, impulsada pola alcaldesa Lara Méndez – o cociente español de desfibriladores instalados por número de habitantes.

Noticias relacionadas