O Concello de Lugo celebrará o vindeiro 9 de maio o Día de Europa cunha ampla programación de actividades para todos os públicos

Xoves, 06 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo celebrará o vindeiro 9 de maio o Día de Europa cunha ampla programación de actividades para todos os públicos

O Concello de Lugo, a través de Europe-Direct Lugo, o centro de información europea da entidade local, celebrará o vindeiro domingo, 9 de maio, o Día de Europa cunha ampla programación de actividades para todos os públicos.

Neste evento, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, procederá á lectura dun manifesto en nome do Concello de Lugo no cal se escoitará o himno europeo (Novena Sinfonía de Beethoven) e tamén se procederá ao izado da bandeira, como símbolo de achegamento e hermanamento de todos os pobos da Unión Europea, terá lugar diante da Casa Consistorial se as condicións meteorolóxicas o permiten, no caso de intensa choiva o acto levarare a cabo no Salón de Actos do Concello.

De 11.00h a 14.00h terán lugar un amplo ábano de actividades nas que se incluirán sesións de música e baile en directo, obradoiros para os nenos e nenas, así como un circuíto de bicicletas eléctricas instalado na propia praza e sorteo de agasallos.

Programación

A praza Maior estará ambientada e decorada con globos xigantes en cor azul como  chamada de atención para participar no evento. Ademáis de anunciar a través de cartelería as diferentes actividades e os diversos actos que se levarán a cabo.

  • Sesión  DJ

O gran  DJ lucense Marcos Peón, de recoñecido prestixio en multitude de salas do noso país e de Europa, será o encargado de deleitarnos cunha variada selección musical e de facernos bailar durante esta mañá tan especial.

  • Exhibición de baile

Unha gran exhibición de diferentes bailes e coreografías a cargo dunha escola lucense que nos deixarán sorprendidos cos pasos, piruetas, sincronización e bo facer dos seus alumnos/ as.

  • Concerto

Foolmakers, grupo de jazz moi tolo formado por Carlos Doval xunto a catro psiquiatras lucenses.

Así mesmo, e como novidade, instalarase un circuito de bicicletas eléctricos no lateral da Praza que farán as delicias dos asistentes á vez que transmitirán unha mensaxe dunha Europa Verde e sostible.

Entre as actividades tamén esta contemplada unha especialmente dedicada aos nenos e nenas de Lugo, con talleres lúdicos de máscaras de reciclaxe inspiradas na fauna europea. Ademais crearemos un mural no que os nenos/ as aprenderán a xeografía dos diferentes países europeos, lugares emblemáticos dos mesmos e diferentes linguas.

Ademáis dun gran sorteo de agasallos, dinamizado por un/a animador/a, no cal poderán participar todos os asistentes a esta celebración con motivo do Día de Europa.

Tamén se instalará un photocall e unha mesa informativa sobre os proxectos do Concello financiados con fondos europeos, especialmente a estratexia Edusi, denominada Muramiñae:da Muralla ao Miño, cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e do LIFE Lugo + Biodinámico proxecto de 3,5M€ financiado con fondos europeos que conseguiu o Goberno do Concello e grazas ao que está a desenvolver novidosas iniciativas en favor dun urbanismo sostible.

Noticias relacionadas