O Concello de Lugo celebra o Día Mundial dos Maiores cun xantar para no parque da Milagrosa

Luns, 26 de setembro de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo celebra hoxe o Día Mundial dos Maiores cunha comida tradicional que se celebra no Parque da Milagrosa. A este acto agárdase que acudan entorno a 1.500 persoas maiores de 60 anos tanto da zona rural como da urbana que disfrutarán de diferentes actos ao longo da tarde, entre eles unha orquestra que amenizará o xantar ata as 19:00 horas.

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, destacou que “esta actuación é unha satisfacción para este equipo de goberno xa que tamén serve para achegar aos maiores do rural e da zona urbana de Lugo ademais de poder desfrutar dunha xornada diferente.”

Carmen Basadre tamén explicou que “o menú que se ofrece é tradicional, empanada e polbo e ademais renderase unha homenaxe a 7 matrimonios que celebran este ano os 50 anos de casados.”

Noticias relacionadas