O Concello de Lugo celebra o 21 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade

Rubén Arroxo e Maite Ferreriro asistiron ás actividades organizadas pola área de Cultura

Martes, 30 de novembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo celebra o 21 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa edil de Cultura Maite Ferreiro asistiron esta tarde ás actividades organizadas polo Concello de Lugo para celebrar o 21 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade.

As actividades comezaron co coro e ensembles de clarinetes do conservatorio Xoan Montes na praza Pío XII, interpretando distintas pezas de Beethoven, Pachelbel ou Mozart, entre outros, e continuou cun un roteiro poético musical, organizado pola área de Cultura e a revista lucense de creación poética Xistral. Contou coa participación de distintos músicos da cidade, entre os que se atopan Yuri, Rulos, Cántigas e Frores ou a Volta do Agro, e con distintas persoas recitando poesía nas distintas paradas do roteiro.

Programa concerto conservatorio

Coro do CMUS Xoán Montes (directora: Henar Matesan; pianista: Iván Martínez):

  • Beata es Virgo Maria de Josu Elberdin
  • Ave María de Dante Andreo
  • Dona Nobis Pacem de Mary Lynn Lightfoot
  • Kyrie de Bob Chilcott
  • Hodie! Aleluia de Mary Lynn Lightfoot

Ensembles de clarinetes do CMUS Xoán Montes (directores Lorena Rodríguez e Iván Martínez):

  • Minueto do Septimino de Beethoven
  • Canon de Pachelbel
  • Moonlight Serenade de Glenn Miller.
  • Frauta Máxica (Coro de Escravos) de W. A. Mozart.

Programa roteiro poético-musical

  1. Porta de Santiago, inicio do roteiro con Maite Ferreiro e Toño Núñez
  2. Porta de Bispo Aguirre, Unha noite na eira do trigo, Yuri + Fran Muinelo de Batital
  3. Porta do Bispo Izquierdo, recita José Estévez López
  4. Mosqueira, recita Manuel Celso Matalobos
  5. Porta de San Pedro, cantareiras de Cántigas e Frores
  6. Antigo El Progreso, recita Paco Nieto
  7. Porta da Estación, recita Curra Figueroa
  8. Sindicatos, Lonxe da Terriña, Victoria Oropeza Fernández e Alex López Núñez, integrantes da Banda Filarmónica de Lugo
  9. Porta Falsa, recita José Otero Canto
  10. Porta de San Fernando, recita Marica Campo
  11. Fronte a Mobles Cacharrón, Quen puidera namorala, Sergio Alba
  12. Porta da Rúa Nova, recita Paco Martín
  13. Fronte á Rúa Ourense, recita Tareixa Campo
  14. Porta do Bispo Odoario, Negra Sombra, Mestre Rulos
  15. Porta Miñá, recita Toño Núñez
  16. Porta de Santiago, cuarteto da Volta do Agro

Multimedia

  • O Concello de Lugo celebra o 21 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade
  • O Concello de Lugo celebra o 21 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade
  • O Concello de Lugo celebra o 21 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade

Noticias relacionadas