O Concello de Lugo autoriza a inclusión da EDAR no estudo para detectar alertas temperás de SARS- COV2 nas augas residuais

Venres, 29 de maio de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo autoriza a inclusión da EDAR no estudo para detectar alertas temperás de SARS- COV2 nas augas residuais

O concelleiro de Medio Ambiente, Álvaro Santos, vén de remitir, esta mañá, a Augas de Galicia a autorización, para a incluír a Estación Depuradora de Lugo no protocolo, impulsado por esta entidade, para detectar alertas temperás de SARS-Cov2.

“Trátase dun estudo no que se integrará o municipio de Lugo co fin de averiguar si existe presenza de restos do virus nas augas residuais da cidade, o que implica que a administración local porá a disposición da Xunta de Galicia e das Universidades as súas instalacións e recursos para proceder á realización de analíticas que se levarán a cabo tanto nas propias aguas fecais, para contrastar se hai residuos nelas, como tamén nos subprodutos obtidos despois da súa depuración e tratamento para valorar a posible presenza do virus nas grasas, areas etc…”, explicou o edil.

Álvaro Santos aproveitou para agradecer á Xunta de Galicia que asuma o seu papel, nunha materia na que ten as principais competencias aínda que tamén destacou que “neste, como noutros moitos eidos nos que é preciso un traballo conxunto, a área de Medio Ambiente e o Concello de Lugo responderemos, coma sempre, cunha absoluta colaboración institucional perseguindo a mellor garantía sanitaria para a veciñanza do municipio”, concluíu o edil, ao tempo que deixou aberta a posibilidade de participar, dentro doutros ámbitos, en estudos similares.

Audio

  • O concelleiro de Medio Ambiente, Álvaro Santos, sobre o "Estudo do Covid" na Edar | Descargar mp3

Noticias relacionadas

<