O Concello de Lugo asina dous convenios para a promoción da saúde e prevención de drogodependencias

Mércores, 02 de xuño de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, Fernando Pérez da Asociación Dignidade Lugo, e Concepción Muñoz, da Asociación Valponasca, asinaron un convenio de colaboración para a realización de actividades de promoción da saúde e prevención de drogodependencias.

O obxecto do convenio asinado coa Asociación Valponasca é establecer o marco de colaboración para o desenvolvemento de actuación no ámbito socieducativo coa mocidade enmarcadas dentro do proxecto CASA LUGO. A asociación levará a cabo accións de programación de sesións didácticas e talleres educativos necesarios para a realización e execución dos programa e actos en colaboración cos técnicos do Servizo de Prevención das Drogodependencias do Concello.

En canto ao convenio asinado coa Asociación Dignidade Lugo ten como obxectivo o desenvolvemento de actuacións que fomenten a integración dos menores e adolescentes en risco e conflito social que están adscritos nos diferentes centros e programas que desenvolve a entidade, concretamente aquelas que favorezan a promoción da saúde a adquisición de hábitos saudables, e que todas aquelas que favorezan condutas afastadas dos riscos e perigos do consumo de drogas. As actuacións son desenvoltas a través de talleres e charlas por medio de materiais dos que se dispón o servizo municipal de prevención de drogas.

Multimedia

Noticias relacionadas