O Concello de Lugo aproba o proxecto de ordenanza reguladora do Rexistro Municipal de Soares e Edificación

Mércores, 22 de abril de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Delegada de Urbanismo do Concello de Lugo, María Novo, anunciou que a Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto de ordenanza reguladora do Rexistro Municipal de Soares e o Patrimonio Municipal do Solo, paso obrigatorio para que o Concello poida xestionar o seu patrimonio.

A Delegada explicou que a modificación feita pola Xunta de Galicia na Lei do Solo en 2008, obriga aos Concellos que queiran xestionar o seu solo, a crear este rexistro de soares "para poder xestionar novas escolas Infantís, novos Centros Sociais, novas dotacións… estamos obrigados a telo aprobado".

A creación deste rexistro, obrigado por lei, "que non poden cuestionar os Concellos" recolle a posibilidade de que a administración expropie un solar que pase máis de dous anos sen edificar. Neste senso, a Delegada suliñou que "o equipo de goberno de López Orozco non se plantexou nin por asomo poñer en marcha esta posibilidade, queremos transmitir unha mensaxe de tranquilidade á cidadanía, pero deben estar plenamente informados de todo o que fai o seu Concello".

A modificación da Lei do Solo tamén obriga aos concellos a constituir o Patrimonio Municipal do Solo, que ven a ser a base de datos que recolla as parcelas de propiedade municipal. Na actualidade, o Concello posúe 17 parcelas baleiras valoradas en 23.537.737 euros.

Sistema ORA

A Xunta de Goberno aprobou tamén a prórroga do contrato administrativo da concesión do servizo público de regulación de aparcadoiros na vía pública mediante expendedores de tickets. Acórdase a prorroga con Setex Aparki, SA. por un período máximo de 6 meses contados a partires do 1 de maio, se antes deste prazo o novo contrato estivera formalizado, podería darse por rematada a prórroga, sempre cun preaviso de 15 días por parte do Concello. Ademais, adxudicouse provisionalmente a contratación da xestión do servizo co Grupo Europeo de Servizos Doal, SA.

A Concelleira de Economía e emprego, Sonia Méndez, explicou que esta nova adxudicación aportará importantes beneficios para o Concello como o aumento do porcentaxe ao 20% sobre a recadación obtida e unhas melloras valoradas en 823. 021 euros: como maquinaria de última xeración, un centro integral de operacións, una mellor atención ao cidadán, xestión de calidade conforme a norma UNE-EN-ISO 9001:2000, informatización do seguemento do servizo emitindo os partes necesarios para o correcto funcionamento.

Ademais disporá dun vehículo AVI para control e supervisión da Ocupación-rotación e de infraccións por lectura de matrículas e posicionamento automático do vehículo, que estará a disposición do Concello durante 6 meses ao ano.

Multimedia

Noticias relacionadas