O Concello de Lugo aproba a adxudicación da obra da cuberta da pista de tenis incluída no FEESL

Xoves, 20 de maio de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Mesa de Contratación do Concello de Lugo aprobou esta mañá a proposta de adxudicación a Construcciones y Piedras FIGRAS para a realización da obra da cuberta dunha pista de tenis do recinto deportivo do Parque da Milagrosa.

Esta obra, incluída no Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Social, esta financiada cun orzamento de 400.000 euros. A empresa contará cun total de 22 traballadores para levar a cabo esta actuación (14 contratos actuais e 8 novos).

Ademais, abríronse as plicas presentadas para outras dúas obras do FEESL do ano 2010 que serán adxudicadas unha vez realizado o correspondente informe polos técnicos do Concello. As actuacións son:

- As obras de mellora do saneamento e abastecemento da parroquia de Pías que conta cun orzamento de 576.430 euros. Para esta actuación presentáronse un total de oito plicas.

- A mellora do alumeado da rúa Pintor Corredoira e adxacentes que conta cun orzamento de 400.073 euros, para a que se presentaron 15 plicas.

2º Plan E - 2010 - FEESL

Noticias relacionadas