O Concello de Lugo amplia os horarios da Oficina de Turismo, MIHL e Casa dos Mosaicos durante a Semana Santa

Ademais cada día haberá visitas guiadas gratruitas aos principais atractivos turísticos da ciade

Mércores, 25 de marzo de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa da ampliación dos horarios do centros museísticos municipais durante a Semana Santa. Desta maneira, facilitarase aos visitantes un maior marxe de tempo para coñecer a rede museística do Concello de Lugo sen interrumpir o horario das procesións. A entrada é gratuíta en todos os museos.

A Oficina Municipal de Turismo abrirá dende o luns 30 de marzo e ata o 5 de abril o luns, martes e mércores de 11 a 13.30 e de 17 a 19.30 horas e de xoves a domingo de 11 a 18.

O Museo Interactivo da Historia de Lugo tamén abrirá de martes a sábado de 11 a 13.30 e de 17 a 19:30 e dende o xoves ao domingo de 11 a 18 horas. O luns pechará.

Aquelas persoas que queiran coñecer a Casa dos Mosaicos poderán facelo de luns a sábado de 11 a 13.30 e de 17 a 19.30 horas e os domingos de 11 a 14 horas.

A Domus do Mitreo, a Sala de Exposicións Porta Miñá e o Centro Arqueolóxico de San Roque manterán o seu horario habitual de xoves a sábado de 11.30 a 13.30 e de 17 a 19 e o domingo de 11.30 a 13.30.

Visitas guiadas gratuitas

Haberá cinco visitas guiadas en horario de mañá con saída ás 12 horas e catro visitas en horario de tarde ás 16.30, todas con saída dende a Oficina Municipal de Turismo na Praza do Campo e de carácter gratuíto. As persoas interesadas poderán inscribirse dende hoxe na Oficina de Municipal de Turismo (982.25.16.58) ou o propio dia das visitas.

A primeira delas será o dia 28 de abril ás 16.30 e visitarase Porta Miñá, adarve da Muralla, Porta de Santiago, visita Mitreo, Catedral de Santa María, Piscina Romana, e Praza Maior.

O día 29, en horario de tarde tamén, visitarase a Casa dos Mosaicos, Praza Maior, Muralla, Catedral, Centro Histórico e Rúa da Raíña. O luns 30, ás 12 horas, visitarase a rúa Nova, Muralla, Praza da Soedade, Museo Provincial, Praza Armañá (monumento as Vías Romanas), mosaico rúa Dr. Castro, Praza Maior, Praza do Campo Castelo, Muralla e Catedral.

A visita guiada do dia 31 de marzo ás 12 horas percorrerá o Centro de Interpretación da Muralla, Praza Maior, Muralla, Catedral, Centro histórico e Praza Santo Domingo. O mércores 1 de abril, ás 12 horas, a visita será a Casa dos Mosaicos, Praza Maior, Muralla, Catedral, Piscina romana, Praza da Soedade e Praza Santo Domingo.

O día 2 e 3 de abril, Xoves e Venres Santo, as visitas guiadas serán ao Mosaico da rúa Doutor Castro, Praza Maior, Muralla, Termas Romanas, e Ponte Romana comezarán ás 16.30 horas.

A ruta Praza de Santa María, Catedral, Muralla, Porta de Santiago, Termas Romanas e a Ponte Romana será a que se faga o dia 4 a partir das 16.30 horas. E finalmente, o domingo 5 de abril, ás 12 horas comeza a visita a Praza da Soedade, Praza Santo Domingo, rúa da Raiña, Praza Maior, Praza do Campo Castelo, Muralla e Catedral.

Noticias relacionadas