O Concello de Lugo aforrará no gasto de material de oficina

Mércores, 29 de abril de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno do Concello de Lugo aprobou a adxudicación provisional do contrato para el suministro de material de oficina coa empresa Prelo SL, que foi a mellor valorada pola mesa de Contratación das 8 ofertas presentadas ao concurso, segundo informou a Delegada de Urbanismo, María Novo.

O prezo máximo da adxudicación establécese en 110.000 euros anuais, un 15% menos que no 2008. A empresa suministradora propón como porcentaxe de desconto sobre os prezos unitarios máximos establecidos polo Concello un 34%, polo que o aforro será maior. Outra das características valoradas é que a empresa comprometeuse a realizar a entrega dos pedidos realizados polo Concello nunha hora.

Ademais, neste contrato establécense medidas de control e dun sistema de alertas se nun servizo o consumo se dispara respecto á media. Para levar a cabo este control, a empresa remitirá informes de forma periódica ao Concello.

Estas medidas, unidas a outras de aforro xa presentadas como son o control do gasto na telefonía móbil ou nos consumibles de oficina, para poder afrontar a difícil situación económica mundial sen que afecte aos servizos que o Concello ofrece á cidadanía.

Por outra banda, a Xunta de Goberno, aprobou once licenzas de obra e a modificación puntual do Plan Especial de Protección, Rehabilitación e Reforma Interior que afecta aos edificios nº 17 e 19 da rúa da Raíña.

Ademais, este órgano de goberno nomeou, dentro do proceso de oposicións que se está a desenvolver no Concello de Lugo, a unha traballadora social e a un arqueólogo.

Multimedia

Noticias relacionadas