O Concello de Lugo aforra máis de 70.000 euros na contratación de catro obras para melloras de infraestruturas

O Concello de Lugo aforrou máis de 70.000 euros na contratación de catro obras que suporán a mellora de infraestruturas en diferentes zonas de Lugo que se adxudicaron esta mañá na Mesa de Contratación.

Mércores, 09 de abril de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Así, a rexeneración do pavimento da Rúa Mazaira, que tiña un prezo de licitación de 89.515 euros, adxudicouse finalmente á empresa Explotaciones Gallegas, que ofertou o prezo máis baixo, 68.747 euros. Presentáronse 26 empresas das que 8 estaban en baixa temeraria.

No caso da obra de mellora do acceso ao núcleo de San Mamede dos Anxos, presentáronse 23 empresas, 7 incurrían en baixas temerarias, e foi adxudicado á empresa Explotaciones Gallegas por 69.277 euros cando tiña un prezo de licitación de 86.814 euros.

A rexeneración do pavimento da rúa Vella da Ponte foi adxudicada á empresa Ponciano Nieto por un prezo de 64.528 euros, ao ser a que mellor oferta presentou das 23 empresas que presentaron oferta e das que 7 eran baixas temerarias. O prezo de licitación era de 81.361 euros.

Finalmente, as obras de rexeneración do pavimento do núcleo de San Salvador de Muxa que tiñan un prezo de licitación de 72.200 euros foron adxudicadas á empresa Explotaciones Gallegas por un importe de 56.617 euros. Para este contrato presentáronse un total de 21 empresas das que 6 incurrían en baixa temeraria. 

Noticias relacionadas