O Concello de Lugo abre o prazo para que a mocidade se inscriba en cursos de impresión e deseño 3D, redes sociais e tenis de mesa

As actividades están enmarcadas no programa +Xti, que desenvolve a Concellería de Xuventude no marco do Plan Nacional de Drogas.

Mércores, 23 de febreiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo abre o prazo para que a mocidade se inscriba en cursos de impresión e deseño 3D, redes sociais e tenis de mesa

O goberno de Lara Méndez, a través da concellería de Xuventude que dirixe Mauricio Repetto, abriu os prazos para que a mocidade se inscriba nas actividades de formación incluídas no programa +Xti, desenvolvido a través do plan de Prevención de Drogas e outras adiccións.

O obxectivo das accións é “ofrecer á xuventude lucense unha oferta de ocio saudable e que lles permita practicar as súas afeccións ou mesmo mellorar a súa empregabilidade, ao mesmo tempo que lles axude na concienciación e na extensión da cultura do rexeitamento das drogas”, sostivo o edil.

Neste senso, un dos cursos que se impartirá será o de iniciación ao tenis de mesa, que se desenvolverá nos meses de marzo, abril e maio na casa da Xuventude, impartido pola asociación xuvenil milagrosa (CTM Milagrosa).

Ademais, se ofrece formación en impresión e deseño en 3D, que se realizará todos os venres e sábados durante os meses de marzo, abril e maio, no Centro de Emprendimiento municipal (CEI-Nodus). Estará impartido por Triesfera e o aforo é de 10 persoas.

Por outra banda, está programado un curso de 15 prazas en comunicación dixital efectiva en redes sociais, que se desenvolverá do 7 de marzo ao 27 de abril os luns, martes e mércores, en xornada de tarde, na Casa da  Xuventude. Está dirixido por Recursos Galicia SL.

As accións están dirixidas a mozas con idades comprendidas entre os 16 e 35 anos. Os interesados poden inscribirse ata completar as prazas.

Para inscribirse ou ampliar información pódese consultar a páxina  www.lugomasxti.org.

Audio

  • O edil de Xuventude, Mauricio Repetto, sobre os cursos do programa +Xti | Descargar mp3

Noticias relacionadas