O Concello de Lugo abre o prazo de solicitude de prazas para a Escola Infantil de Fontiñas

Mércores, 30 de setembro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe mércores 30 de setembro, as bases do Concello de Lugo para a solicitude de prazas na Escola Infantil de Fontiñas que estará aberto entre o 1 e o 15 de outubro, segundo anunciou hoxe o Voceiro do Equipo de Goberno.

Este novo centro educativo do Concello contará cun total de 61 prazas distribuídas do seguinte xeito:

- Unidade de 3 meses a 1 ano: 8 prazas

- Unidade de 1 a 2 anos: 13 prazas

- Dúas unidades de 2 a 3 anos: 39 prazas.

Para solicitar praza será necesario cumplimentar os impresos e acompañalos da documentación solicitada para entregar no Rexistro do Concello. Poderán informarse deste proceso na Concellería de Educación ou chamando ao número de atención á cidadanía 010.

Ademais, esta mañá a Xunta de Goberno Local aprobou a contratación provisional do servizo de cociña para a Escola Infantil coa mercantil A Billarda S.L., por 55.961euros para a primeira anualidade.

O Concelleiro explicou que obxectivo é que o servizo cubra as necesidades dos nenos e nenas de 3 meses a 3 anos. Na escola elaboraranse menús adaptados a estas idades tendo en conta as necesidades nutricionais de cada etapa evolutiva do neno ou nena. O servizo de cociña da escola terá que apoiar e elaborar os tres tipos de menús de acordo coas necesidades alimenticias dos nenos de 3 meses a 3 anos.

Por outra banda na Xunta de Goberno aprobouse tamén a contratación de dúas áreas de xogos infantís no xardín da Fonte dos Ranchos con HPC Ibérica S.A. por un importe de 74.609 euros., unha para menores de 6 anos e outra para nenos de entre 6 e 12 cos seus correspondentes xogos, vallas perimetrais, carteis indicativos e pavimentos amortiguadores continuos de seguridade.

Emprego público
O Concelleiro aproveitou a ocasión para anunciar, ademais, que dentro do proceso de oferta de emprego público que está a desenvolver o equipo de Goberno nas próximas datas sacaranse as prazas da Policía Local incluídas na oferta deste ano e englobadas na reestruturación deste corpo de seguridade.

As prazas serán :
- Un intendente
- Dous técnicos de sistemas informáticos
- Dous técnicos de medio ambiente
- Un técnico de obras públicas
- Un técnico de tráfico
- Catro axentes de mobilidade

Comisión planeamento
Pola súa banda, a Delegada de Urbanismo, María Novo, mantivo hoxe, tras a comisión especial de Planeamento, que o Goberno de Lugo está acometendo unha actuación responsable en relación coa sentenza das costas do parque, ao tempo que explicou que foi o actual Goberno o que conseguiu reducir a edificabilidade de Garañón, renunciando incluso a parte do terreo que lle correspondía. Lamentou que a oposición se dedique a facer demagoxia cun tema "que o noso Goberno herdou froito do plan do 90".

Multimedia

Noticias relacionadas