O Concello de Lugo abre o prazo de solicitude de instalacións deportivas municipais para a tempada 22/23 ata o vindeiro 1 de xullo

Un total de 110 clubs da cidade utilizan as instalacións deportivas municipais ao longo da súa tempada, cedidas de maneira gratuíta.

As entidades interesadas deberán presentar telemáticamente a solicitude co formulario 801 cuberto, que se atopa dispoñible no enlace: https://bit.ly/3OeUCp5

Luns, 13 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo abre o prazo de solicitude de instalacións deportivas municipais para a tempada 22/23 ata o vindeiro 1 de xullo

O Executivo de Lara Méndez abriu o prazo de solicitude de instalacións deportivas municipais para a tempada 2022 / 2023 ata o próximo venres 1 de xullo. Así o avanzou este luns o edil responsable da Concelleria de Xuventude e Deportes, Mauricio Repetto, quen informou que “os clubs que agora mesmo ocupan horario de instalacións deportivas municipais xa foron notificados mediante correo electrónico”.

Para realizar a solicitude, as entidades interesadas deberán presentar telemáticamente a solicitude co formulario 801 cuberto (solicitude IDM) dirixida á Concelleria de  Xuventude e Deportes no rexistro do Concello. O formulario atópase dispoñible no seguinte enlance: https://bit.ly/3OeUCp5 Para poder solicitar instalación é obrigatorio estar dado de alta no Rexistro Municipal de Asociacións.

Un total de 110 clubs da cidade de Lugo utilizan todas as instalacións deportivas municipais ao longo da súa tempada, cedidas de maneira gratuíta para todos os seus adestramentos e competicións, que sumado ao importe que reciben das distintas subvencións deportivas municipais "poñen en valor" o apoio do Goberno de Lara Méndez ao deporte base e federado do municipio.

Noticias relacionadas