O Concello dá resposta á demanda veciñal e asfalta Agro do Granxeiro con medios propios

O voceiro municipal, Miguel Fernández, supervisou o estado das obras, que estima que estean rematadas en dúas semanas

Martes, 09 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello dá resposta á demanda veciñal e asfalta Agro do Granxeiro con medios propios

O voceiro municipal, Miguel Fernández, visitou na mañá deste martes as obras de acondicionamento que está a levar a cabo o Concello de Lugo en Agro do Granxeiro en resposta ás peticións veciñais. A actuación consiste no movemento de terras e no posterior asfaltado da vía, facilitando deste xeito o acceso ás vivendas.

O Concello satisfai así o compromiso adquirido cos veciños e veciñas da zona, situada entre As Gándaras e o Sagrado Corazón, e dá cumprimento a un acordo plenario aprobado por unanimidade da Corporación.

As tarefas para o acondicionamento da vía deron inicio esta semana e contan cun período de execución aproximado de 15 días. Os traballos son acometidos con medios propios do Concello, tanto materiais como humanos.

Este tipo de actuacións enmárcanse dentro do compromiso do Goberno local de humanizar, dentro do posible, todas as zonas da cidade, e de mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas coa dotación e mellora de servizos e infraestruturas.

Noticias relacionadas