O Concello convoca o concurso de fotografía Lugo En Negro Contras as Violencias Machistas

Ana Abelleira deu a coñecer este certame, que terá lugar dende mañá ao domingo 26 de novembro, a través das redes sociais do Concello (Cultura e Turismo Lugo e Desenvolvemento Local Lugo)

Para participar é necesario seguir a estas páxinas, ben en Facebook ou Twitter. Débese subir ao perfil persoal unha fotografía con material da campaña, co hasthatg #LugoEnNegro

A Deputación de Lugo colabora con este certame, que agasallará ás persoas gañadoras con 4 camisetas Contra As Violencias asinadas por xogadores do Breogán,  CD Lugo, Ensino e Emevé, todos eles implicados nesta campaña, e lotes de libros

Venres, 17 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello convoca o concurso de fotografía Lugo En Negro Contras as Violencias Machistas

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, anunciou este venres a convocatoria do concurso de fotografía Lugo En Negro, unha acción que ten como obxectivo premiar a promoción e difusión da campaña En Negro Contra As Violencias, á que se sumou o Concello de Lugo xunto con outras 74 entidades locais e 3 deputacións galegas, das persoas seguidoras das redes sociais do Concello de Lugo en Facebook e Twitter, tanto o de Cultura e Turismo como o de Desenvolvemento Local. Trátase de facer visible a protesta contra as violencias machistas tinguindo de negro tamén as redes sociais.

Tal e como avanzou a edil, para participar é necesario seguir ás páxinas de Cultura e Turismo Lugo e Desenvolvemento Local Lugo, no Facebook, e aos perfís @lugoturismo e @desenvolvelugo no Twitter. Débese subir ao perfil persoal unha fotografía na que saia material da campaña En Negro Contra As Violencias, usando o hasthatg #LugoEnNegro na publicación de dita fotografía. Só será válida unha fotografía por perfil.  A data de participación é dende mañá sábado, 18, ao 26 de novembro.

O concurso consta de 4 premios, en forma de camisetas Contra As Violencias asinadas, unha polos xogadores do Breogán, outra polos do CD Lugo, unha terceira polos do Ensino e unha cuarta e última, do Emevé, todos eles clubes implicados nesta campaña. A maiores irán acompañadas dun lote de libros cedido pola Deputación de Lugo, organismo que lidera esta campaña a nivel provincial.

O xurado estará composto por unha fotógrafa ou fotógrafo profesional, a Concelleira de Benestar, unha técnico da Casa da Muller e unha ou un  representante do Foro de Igualdade, que valorarán a orixinalidade de toda as fotografías recibidas, en Facebook e Twitter, a través do hasthatg. As catro fotos gañadoras quedarán a dispor do Concello de Lugo sen ningún tipo de custe de por medio. A determinación das fotos gañadoras dos premios terá lugar o día 11 de decembro de 2017.

Audio

  • A concelleira Ana Abelleira sobre o Concurso de fotografía Lugo En Negro | Descargar mp3

Máis info

Noticias relacionadas