O Concello convoca o Concurso de deseño gráfico Diversiarte 2008

Mércores, 22 de outubro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou esta mañá as bases do concurso de deseño gráfico Diversiarte 2008, co fin de elexir o cartel anunciador do programa  programa deseñado polo Concello de Lugo para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade como se ven facendo dende fai sete anos.

A edil explicou que para elaborar o cartel anunciador das actividades os autores deberán reflexionar sobre a discapacidade e para sensibilizar sobre que na diversidade é posible a igualdade. Os deseños deben destacar a discapacidade como unha relación co entorno, considerando con espacial interese a representación de valores como a diversidade, dignidade, recoñecemento, vida independente, así como inclusión e participación social, en definitiva, os dereitos humanos.

Os traballos poderán ser presentados, en sobre pechado, no Rexistro Municipal do Concello de Lugo ata o vindeiro 31 de outubro.

O gañador ou gañadora do concurso recibirña un premio consistente nunha consola Wii, mentras que os demais autores recibirán un diploma pola súa participación.

O xurado que elexirá o cartel anunciador, estará formado por persoas cualificadas na materia, reservándose a facultade de declarar deserto o premio no caso de que estimase que ningún dos carteis reúne os méritos suficientes.

Noticias relacionadas