O Concello convoca o 14º Certame de Pintura Rápida ó Aire Libre "Cidade de Lugo"

Martes, 01 de xullo de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Celebrarase o 13 de xullo e repartiranse case 4.500 euros en premios, segundo anunciou a Concelleira de Cultura

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, presentou hoxe a decimocuarta edición do Certame de Pintura rápida ó aire libre "Cidade de Lugo", que se vai celebrar o domingo día 13 de xullo.

Basadre explicou que a principal novidade nesta edición, dun certame xa consolidado e no que participaron 31 artistas o ano pasado, consiste en que a temática non ten que ser obrigatoriamente unha estampa do Casco histórico de Lugo, xa que este ano o espazo físico que deben pintar os participantes poden ser, tamén, outros lugares como as proximidades do MIHL, no parque da Milagrosa, a Ponte vella, os xardíns do Paseo do Miño ou a Pasarela peonil.
 
Neste certame poden participar todos os artistas que o desexen cunha única obra que non poderán asinar ata o momento non que se coñeza o ditame do xurado. As bases establecen que o estilo e a técnica serán libres e a temática xirará en torno á cidade de Lugo.

As inscricións faranse ese mesmo día na Concellería de Cultura e as obras deberán estar terminadas ás cinco da tarde.

O fallo do xurado coñecerase ás seis da tarde. A partir dese momento os autores dos cadros non premiados poderán poñer á venda as súas obras, asinándoas e poñéndolles na parte traseira o seu importe. Esta exposición ó aire libre prolongarase ata as 20 horas.

O importe total dos distintos premios que se entregarán é de 4.450 euros distribuídos deste xeito: un 1º premio dotado con 1.000 euros, o 2º con 700 e o 3º con 500. Establécese, ademais, un premio especial, de 450 euros, ó artista local, nacido ou residente en Lugo, que non será compatible coa obtención de outro galardón e tamén se concederán seis accesit por importe de 300 euros.

O xurado que avalíe as obras estará composto por profesionais das artes plásticas.

As obras participantes neste Certame serán expostas no Concello do 14 ó 18 de xullo. Os cadros premiados pasarán a ser propiedade do Concello de Lugo. Os autores das obras non premiadas dispoñerán de prazo ata o día 24 de xullo para a súa retirada.

Multimedia

Noticias relacionadas