O Concello convoca este luns xuntanzas coas familias nas 4 escolas municipais infantís

As reunións serán en dúas quendas; unha ás 11:00 horas, tanto en Serra de Outes como Gregorio Sanz, e outra ás 19:00 horas, en María Wonenburguer e Luis Soto Menor

Xoves, 30 de agosto de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo convoca para o vindeiro luns, 3 de setembro, coincidindo co inicio do curso 2018-2019 nas escolas infantís municipais, unha xuntanza coas familias dos nenos e nenas matriculados nalgunha das catro escolas que creou e que mantén o Concello.

Así o avanzou o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, quen informou que as reunións serán en dúas quendas; unha ás 11:00 horas, tanto en Serra de Outes como en Gregorio Sanz, e outra ás 19:00 horas, en María Wonenburguer e Luis Soto Menor.

As escolas infantís Serra de Outes, Gregorio Sanz e Luis Soto Menor contan cada unha delas con 61 prazas, distribuídas en catro aulas: unha de 0 a 1 anos, con 8 prazas, outra de 1 a 2 anos, con 13, e dúas para nenos de 2 a 3 anos, con 20 cada unha. No caso da escola María Wonenburger, dispón de 55 prazas, repartidas nunha aula de 0 a 1 anos con 8 prazas, outra de 1 a 2 anos, con 13, e dúas de 2 a 3 anos, con 17 prazas cada unha.

Noticias relacionadas