O Concello, convidado ao Congreso de Mercados Sostibles de Coruña pola dinamización das instalacións municipais comerciais luguesas

Rosana Rielo asistirá ao encontro invitada pola entidade local coruñesa, "sabedores de que temos accións dinámicas encamiñadas a aumentar o público obxectivo", tanto do Mercado Municipal como da Praza de Abastos

A Concelleira lembrará a historia do mercado, así como as útlimas actuacións que se levan feito nel, dende a remodelación ata accións de dinamización e divulgación de todo o que temos no mercado "que é moito e de moi boa calidade"

Martes, 12 de decembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo participará este xoves en A Coruña no I Congreso de Mercados Urbanos Sostibles. Trátase dunha iniciativa organizada polo Concello de A Coruña, no que intervirán representantes de distintos municipios galegos, así como de Barcelona, Valencia, Madrid ou Zaragoza.

Baixo a mesa redonda Estratexias de Mercados, na que intervirá Lugo, porase en valor o papel dos Concellos como deseñadores de estratexias para mercados urbanos que misturan a innovación e a tradición. Tamén se tratarán os valores transversais dos mercados urbanos, tales como o turismo, a reactivación do comercio de proximidade e os espazos de inclusión sociocultural.

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, asistirá ao encontro invitada pola entidade local coruñesa, "sabedores de que temos accións dinámicas encamiñadas a aumentar o público obxectivo" tanto do Mercado Municipal como da Praza de Abastos. A edil lembrará a historia do mercado, así como as útlimas actuacións que se levan feito nel, dende a remodelación ata accións de dinamización e divulgación de todo o que temos no mercado "que é moito e de moi boa calidade". 

Audio

Noticias relacionadas