O concello convida a retratarse coa Muralla como antesala aos actos do aniversario da súa declaración como Patrimonio da Humanidade

“A Muralla e ti  permite levar un recordo da Muralla e axúdanos a construír unha muralla de expresións” dixo Rubén Arroxo que tamén participou neste proxecto

Un “fotomatón” instalado nos soportais do concello permite facerse unha instantánea que tamén pasa a formar parte dun panel coa silueta da Muralla

Sábado, 23 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O concello convida a retratarse coa Muralla como antesala aos actos do aniversario da súa declaración como Patrimonio da Humanidade

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, participou no proxecto A Muralla e ti xunto con centos de persoas que xa se animaron a retratarse na primeira xornada na que se iniciou este proxecto da Área de Cultura e Turismo do Concello de Lugo. “A Muralla e ti  permite levar un recordo da Muralla e axúdanos a construír unha muralla de expresións” dixo Rubén Arroxo. Durante a fin de semana, de 11 a 14h e de 17 a 20h, estará instalado un “fotomatón” nos soportais do concello para que permite facerse unha instantánea que tamén pasa a formar parte dun panel coa silueta da Muralla.

O proxecto terá continuidade o sábado 30 de novembro que é o día no que se celebra o 19 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade. Dende a Área de Cultura e Turismo do Concello promoveuse esta actividade participativa que completa o calendario de actividades do aniversario da Muralla que se presentarán na vindeira semana. “A intención que todas as participantes completen, de xeito simbólico, a silueta da Muralla para conformar unha imaxe de integración entre o noso monumento e as persoas que disfrutamos da súa existencia” explicou Rubén Arroxo.

Tratase dunha actividade totalmente gratuita e as persoas que participan reciben, tamén, unha fotografía de lembranza na que aparece a súa imaxe cun fondo da zona da Mosqueira. Durante a xornada do sábado o proxecto A Muralla e ti  tivo grande acollemento entre lucenses e visitantes que se achegaron a aportar a súa imaxe para celebrar o 19 aniversario da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade.

Multimedia

  • O concello convida a retratarse coa Muralla como antesala aos actos do aniversario da súa declaración como Patrimonio da Humanidade
  • O concello convida a retratarse coa Muralla como antesala aos actos do aniversario da súa declaración como Patrimonio da Humanidade

Noticias relacionadas