O Concello contratará a 20 persoas desempregadas perceptoras da Risga nas brigadas de obra municipais

Concretamente serán 16 peóns, 3 oficiais e 1 encargado. A duración do contrato é de nove meses a media xornada, e realizarán tarefas relacionadas coa albanelería e ou xardinería

Mércores, 29 de maio de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno deste mércores aprobou os criterios para a selección da contratación de 20 persoas desempregadas en situación de risco ou exclusión social, perceptoras da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA), nas brigadas de obra municipais, no marco do plan Conserva Lugo 2019. Concretamente serán 16 peóns, 3 oficiais e 1 encargado.

A duración do contrato é de nove meses a media xornada, para realizar tarefas relacionadas coa albanelería e ou xardinería, como por exemplo actuacións de de mantemento e conservación de beirarrúas ou desbroce de zonas urbanizadas, entre outros. Terán preferencia, en todo caso, as persoas mairoes de 45 anos e as que teñan cargas familiares.

Esta iniciativa, que recibiu unha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria, equivalente aos custos salariais, cumpre un dobre obxectivo: por unha banda facilitar a inserción de persoas desempregadas lucenses e por outro, contribuír á conservación e mellora dos espazos públicos.

Audio

  • O edil Manuel Fernández, sobre a contratación de persoas desempregadas | Descargar mp3

Noticias relacionadas