O Concello contrata melloras nas instalacións deportivas nas que se investirán 45.000 euros

O Concello aprobou hoxe a contratación de diferentes actuacións para a mellora de instalacións deportivas municipais, cun importe que supera os 45.000 euros.

Venres, 17 de abril de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

As obras, que teñen por obxecto poñer a punto diversas instalación deportivas aproveitando a chegada do bo tempo, levaranse a cabo ó abeiro dun convenio de colaboarción entre o Concello e a Deputación provincial, que ten un presuposto total de 120.000 euros.

A Xunta de Compras aprobou hoxe a contratación de varias das actuacións que se enmarcan no devandito convenio. Así, autorizouse a contratación das obras dos accesos ós vestiarios do campo de beisbol do Ceao por un importe de 14.547 euros, os traballos para o aillamento térmico proxectado en escaleira da piscina climatizada de Frigsa cun importe de 13.058 euros, o aillamento térmico-acustico na antiga vivenda de conserxe no pavillón municipal presupostado en 7.659 euros, unha instalación complementaria do sistema de rego nas pistas de Gregorio Pérez Rivera que suporá un investimento de 5.611 euros e a dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde da reposición total do valado da pista de hockei no polideportivo da Piringalla cun importe de 4.169 euros.

Ademais, a Xunta de Compras autorizou hoxe a adquisición dunha aspiradora para a limpeza e mantemento do cemiterio municipal cun custe de 13.884 euros. 

Noticias relacionadas