O Concello continúa instalando máis mobiliario urbano na cidade para xerar vida social nos espazos públicos

Trátase da colocación de mobiliario que adquiriu a finais do ano pasado, cunha inversión de 54.000 euros: 107 bancos e 163 xardineiras, tanto rectangulares como circulares

Nesta ocasión, os operarios do Plan Mellora Lugo colocaron bancos na Avenida de Garabolos e na contorna, Monte Pena Rubia, Flor de Malva, Avenida da Coruña e zona da fonte da Medusa

Xoves, 11 de abril de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo continúa coa instalación de novo mobiliario urbano na cidade, coa finalidade de seguir creando vida social nas rúas. Trátase da segunda fase de colocación do mobiliario que adquiriu a finais do ano pasado, cunha inversión de 54.000 euros: 107 bancos e 163 xardineiras, tanto rectangulares como circulares.

Con esta nova acción de humanización da cidade, o Concello xera novos espazos de conviencia, lecer e descanso e contribúe a revitalizar outros que xa son puntos de encontro. Dáse resposta ademais a diversas peticións veciñais.

Os operarios do Plan Mellora Lugo, nesta segunda fase, colocaron 1 banco e recolocaron outro na Avenida de Garabolos, un banco na rúa Monte Pena Rubia, outro en rúa Flor de Malva e 3 bancos na contorna da rotonda de Garabolos. Así mesmo, colocaron un banco na Avenida da Coruña, preto de onde se liminou o tapón urbanístico. Tamén se arranxaron dous bancos xunto a fonte da Medusa.

Esta colocación súmase á xa realizada o pasado mes na Praza de Alicantes, onde se colocaron 4 bancos e na rúa Xesta, onde agora os veciños dispoñen de 2 bancos e dúas xardineiras. Tamén na rúa Filgueiro (1 banco e unha xardineira), na Avenida da Coruña (3 bancos e 2 xardineiras no espazo no que existía o tapón urbanístico) e en Aquilino Iglesias Alvariño, onde se renovaron 10 bancos.

Audio

  • O edil Manuel Núñez, sobre as melloras no espacio urbano | Descargar mp3

Noticias relacionadas