O Concello continúa a fomentar a lectura entre os máis cativos con dúas novas actuacións na Biblioteca Municipal

As actividades diríxense a nenos a nenas entre 0 a 6 anos e terán lugar o 19 e 23 de abril. As entradas son gratuítas, pero é necesario retirar invitacións

Carmen Basadre sinalou a importancia de realizar este tipo de xornadas para promover a lectura e o amor polos libros entre os máis pequenos da casa

Mércores, 04 de abril de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello segue a apostar polo fomento dos hábitos de lectura con dúas novas actividades no mes de abril. Trátase dunhas xornadas de contacontos dirixidas a nenos e nenas de 0 a 6 seis anos que terán lugar na Biblioteca Municipal o 19 e 23 de abril. Todas as sesións darán comezo ás 18:30 horas.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, destacou a importancia de promover a lectura e o amor polos libros entre os máis pequenos da casa. A edil tamén sinalou que “coa realización de este tipo de actividades impulsamos, entre os nenos e nenas, o gusto polo libros dunha maneira divertida e lúdica”.

As entradas son gratuítas, pero debido a que o aforo é limitado é necesario retirar as invitacións a partir das 10:30 horas do luns da semana da actuación correspondente.

  • O xoves, 19 de abril, contacontos O Paroleiro, a cargo de Os Contos de Pablisimo. Trátase dunha actuación que combina teatro e pantomima recomendada para cativos a partir de 3 anos.
  • O luns, 23 de abril, O círculo máxico dos contos, a cargo de Marisa Irimia. Unha narración oral que introduce ao público no círculo máxico dos contos, un espazo onde os sentidos e a maxia cobran especial protagonismo.

Ambos actuacións enmárcanse no ciclo promovido para a animación a lectura promovido pola Concellería de Cultura de Lugo que, no mes de febreiro e marzo, ofreceu espectáculos musicais e contacontos para diferentes idades.

Audio

  • Carmen Basadre, sobre as actuacións na Biblioteca Municipal | Descargar mp3

Noticias relacionadas